A TERRA

xaneiro 4th, 2008

Image from glowtxt.com text generator

Hoxe as nubes danzan sumisas

o són que marcan os ventos

nás zonas precisas dás costas galegas.

 

                                                                 Hoxe os paxaros non vóan,

síntente preguiceiros,

agochados nas ramas dos castiñeiros.

 

                                                        Hoxe as árbores non bailan có vento

Non hai cánticos dos paxaros nos seus niños

Só as follas espidas teñen algo de movemento.

 

                                                            Hoxe a mar non mergulla ás rochas

coa súa espuma esbrancuxada

Ós percebilleiros se calzan as botas,

 na casa esperan súas namoradas.

 

Voa, memoria , voa

Remexe no máis profundo,

as vivenzas que  me aledan

Os recordos que eu choro

cando non estou na miña terra.

 

 Sinte, corazón sinte

Como recende a brisa galega

máis instensa cún piñeiro

no é unha troula,

 mais eu, no son un trouleiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A PAISAXE

decembro 29th, 2007

Image from glowtxt.com text generator

Cando paseo pola fraga

observo as distintas especies

unha paixón me asolaga

e revivo moitas veces.

 

Dende o alto da montaña

que é o monte Marraxón

vexo Ancos e A mourela,

tamén O Cordal de Neda,

e se miro ben Ferrol.

 

Escoitando no Belelle

os sonidos da fervenza,

respirando o seu orballo

apoiado nuha pedra,

a carón dun gran carballo

e unha paisaxe que aleda.

 

E dende o alto da montaña

na hermita de Chamorro,

prenderéi a miña vea

para que se cumpra un soño.

Deixarei ca virxe me vexa,

 rogaréille sen agobio.

Pois ela non está cega,

ela esta a carón de todos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A MÚSICA

novembro 25th, 2007

Son rondallas luceros do alma

de bohemios paseos nás rúas

de Pepitas que escoitan en calma

os poemas e as músicas súas.

Imos todos a cantaruxar

as melodías dunha cantarela

mentras facemos a pasarela

e sen parar de aturuxar.

E ós sones dos repiniqueiros

que ben saben as gaitas soar

e os ritmos dos tamborileiros

e pandereteiras repinicar.

Son os ritmos da miña terra

a pandeirada emaila muñeira

nosas almas de paixón se aledan

e  as romarías asolan a leiras.

Son os coros de canto e de baile

as melodías da nosa linaxe

os antergos falaban na corte

creaban poemas coa nosa linguaxe.

 

Son as letras da nosa unidade

desta terra que baila a súa danza

 notas que soan a ultranza

 letras con lonxevidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

SAMHAIN

novembro 4th, 2007

O ciclo do ano celta comenza có Samhain, O final do Vrán. Os celtas contaron os seu días e anos do inicio da oscuridade no crepúsculo e no outono. Nás visperas de Samhain, o veo dos mundo permite unha comunión cos antepasados e o mundo dós espíritos. As familias deixarán as portas abertas e pondrán nas mesas as comidas para os mortos que volverán a visitá-los.

En Galicia temos recuperada a tradición que provén dás terras escocesas. Os celtas do pasado, e eiquí os castrexos, xa usaban as calabazas para facer rostros de pantasmas que colgaban nas ramas dós carballos nos nemats sagrados, para asutar as almas perdidas e guialas polo seu camiño á plenitude.

Moitos nenos celebran hoxe en día o Samhain nás súas escolas, cando fai anos que a festa que estábamos a celebrar era a de Halloween. Unha mágoa alqueles anos perdidos por non profundizar na nosa cultura e ás nosas tradicións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

HISTORIA DA MIÑA TERRA

setembro 22nd, 2007

Esas lendas feiticeiras
das noites de escuro luar
das meigas retranqueiras
e fadas que poden voar.

Sobre Celtas e deidades
Druidas e vaguedades
Guerreiros que loitan
Polo reino de Breogán

Son terras de Castrexos
de castros, dolmens e petroglifos
de ameixas, zamburiñas e cangrexos
e variedade de peixes de moitos tipos

Son as terras de Galiza,
moitos séculos de historia
dos celtas na memoria
e dun pasado que enfeitiza

Foron terras de feudais
no reino de Gallaecia
dende as épocas medivais
ata o rexurdimento das letras

Son terras de Trasancos
de toxos, e flores, e cantos
do século dás luces
dunhas rías con encanto.

Mais é unha mágoa o rexeitamento
que sofren as xentes galegas
ás letras da nosa cultura
á fala e á literatura

Son as letras da nosa cultura,
destas terras de gozos e sombras
onde recende a literatura
e a literatos coas súas historias

Son as letras da nosa unidade
Desta terra que baila a súa danza
Coas notas que soan a ultranza
e cunhas letras de lonxevidade

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A CHAMADA DOS LITERATOS

setembro 19th, 2007

Corría o ano dous mil cincuenta e nove da nosa era; uns obreiros topáronse por sorpresa cunha caixa de madeira cando ían coloca-lo novo pavimento, a uns cento corenta e sete pasos da entrada do claustro do reitorado da universidade, antigo colexio de San Xerome. Un deles reaccionou; dixo que ía entrega-la na catedral, pero o outro díxolle que non, que a entregara xusto fronte do reitorado. E alí foron.

No reitorado acollérona cos brazos abertos, sorprendidos tamén polo importante achado que acaba de acontecerlles. Eles foronse a continua-lo seu labor. Xa dentro; os científicos, revisaban a caixa antes de abrila. Comprobaron que era madeira de carballo, duns douscentos anos de antiguidade. Observaron o triquel celta tallado sobre a mesma, xusto debaixo dunha frase en letra gótica que dicía:

 Galegos, Falade Galego.

A caixa tiña tódolos seus lados iguais, unha raia que a partía pola metade, dando a entender que se podía abrir. E así o fixeron. Un tiraba pola de arriba, e outro aguantaba a de abaixo, ó final despegou. Un rancio cheiro a humidade inundou a estancia. Un pergamiño vello e corroído, envolto nunha cinta de tea de cor branca e azul, apareceu á vista de todos os presentes. Antes de colle-lo coas súas mans; un dos científicos botou unha ollada ó rector, para pedirlle permiso, e tralo xesto de aprobación deste continuou. Tremente, tomouno nas mans. Escorreu a tea, despregou o pergamiño, dipúxose a ler as seguintes palabras:

Lede Galego. Falade Galego. Soñade en Galego. Vivide o Galego. Sentide o Galego. Rexurdimento da fala. Loitade polo Galego. Coidade o Galego. Co tempo rexorde. Co tempo pode morrer. Primeira Xeración de Galeguistas. Santiago de Compostela, ano doce, no século dos Galegos.

Ninguén dixo nada. Tódolos presentes dirixiron as miradas ó rector, que tras pasa-las mans por riba do cocote falou:

- Ya sabéis, estimados doctores, que en los tiempos que corren este documento es muy peligroso para la sociedad. El gallego murió, es lengua muerta, lo sabéis. Desde hace diez años nadie lo habla, hasta la Junta cambió de nombre. Es casi imposible recuperarlo. Estaría bien que lo encontrasen a principios de siglo, cuando aún el gallego estaba en pleno auge. Ahora, ya no sirve de nada.

Tiraron a caixa e o pergamiño o lixo, e o Galego finou por completo. Foi a derradeira chamada dos literatos.

Domy@Creaciones

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Galaicum comenza a súa andadura”

febreiro 25th, 2007

Benvidos a todos o meu novo Blog en Galego. É un soño para min. Dende hoxe plantéxome A usalo mesmo para fines literarios. Non pretendo nacionalizálo en politicas reinvidicativas, nen nada parecido. Desexo publicar relatos, poesía, falar de cultura e de fantasía. Falar da historia do noso pobo, e dos nosos literatos. Mencionarei concursos de literatura en Galego, enlaces, etc. Dende este mesmo instante dedicareime as letras galegas. Por qué són nativo de éstas terras e da súa cultura.
Saúdos e animádeos a deixar comentarios sobre os post que vaia editando.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google