A CHAMADA DOS LITERATOS
Corría o ano dous mil cincuenta e nove da nosa era; uns obreiros topáronse por sorpresa cunha caixa de madeira cando ían coloca-lo novo pavimento, a uns cento corenta e sete pasos da entrada do claustro do reitorado da universidade, antigo colexio de San Xerome. Un deles reaccionou; dixo que ía entrega-la na catedral, pero o outro díxolle que non, que a entregara xusto fronte do reitorado. E alí foron.
No reitorado acollérona cos brazos abertos, sorprendidos tamén polo importante achado que acaba de acontecerlles. Eles foronse a continua-lo seu labor. Xa dentro; os científicos, revisaban a caixa antes de abrila. Comprobaron que era madeira de carballo, duns douscentos anos de antiguidade. Observaron o triquel celta tallado sobre a mesma, xusto debaixo dunha frase en letra gótica que dicía:
Galegos, Falade Galego.
A caixa tiña tódolos seus lados iguais, unha raia que a partía pola metade, dando a entender que se podía abrir. E así o fixeron. Un tiraba pola de arriba, e outro aguantaba a de abaixo, ó final despegou. Un rancio cheiro a humidade inundou a estancia. Un pergamiño vello e corroído, envolto nunha cinta de tea de cor branca e azul, apareceu á vista de todos os presentes. Antes de colle-lo coas súas mans; un dos científicos botou unha ollada ó rector, para pedirlle permiso, e tralo xesto de aprobación deste continuou. Tremente, tomouno nas mans. Escorreu a tea, despregou o pergamiño, dipúxose a ler as seguintes palabras:
Lede Galego. Falade Galego. Soñade en Galego. Vivide o Galego. Sentide o Galego. Rexurdimento da fala. Loitade polo Galego. Coidade o Galego. Co tempo rexorde. Co tempo pode morrer. Primeira Xeración de Galeguistas. Santiago de Compostela, ano doce, no século dos Galegos.
Ninguén dixo nada. Tódolos presentes dirixiron as miradas ó rector, que tras pasa-las mans por riba do cocote falou:
- Ya sabéis, estimados doctores, que en los tiempos que corren este documento es muy peligroso para la sociedad. El gallego murió, es lengua muerta, lo sabéis. Desde hace diez años nadie lo habla, hasta la Junta cambió de nombre. Es casi imposible recuperarlo. Estaría bien que lo encontrasen a principios de siglo, cuando aún el gallego estaba en pleno auge. Ahora, ya no sirve de nada.
Tiraron a caixa e o pergamiño o lixo, e o Galego finou por completo. Foi a derradeira chamada dos literatos.
chuzame -
galaicum dixo,
setembro 19, 2007 @ 10:36 pm
PROMETE ESTE BLOGUE GALEGO
Isaura dixo,
xullo 23, 2008 @ 1:25 am
Gústame o teu texto. Estou elaborando un material didáctico de galego que será usado por diferentes alumnos no seu momento e desexaría incorporar o teu texto. Desexaría saber se conto coa túa autorización para facelo
Grazas
Galaicum dixo,
xullo 23, 2008 @ 2:10 am
Por supòsto que podes usalo. E Que entendan o seu contexto. Me aleda para o tema didactico, teño nena de catro anos. Saúdos e encantado de recibila no meu lar na rede.