HISTORIA DA MIÑA TERRA
Esas lendas feiticeiras
das noites de escuro luar
das meigas retranqueiras
e fadas que poden voar.
Sobre Celtas e deidades
Druidas e vaguedades
Guerreiros que loitan
Polo reino de Breogán
Son terras de Castrexos
de castros, dolmens e petroglifos
de ameixas, zamburiñas e cangrexos
e variedade de peixes de moitos tipos
Son as terras de Galiza,
moitos séculos de historia
dos celtas na memoria
e dun pasado que enfeitiza
Foron terras de feudais
no reino de Gallaecia
dende as épocas medivais
ata o rexurdimento das letras
Son terras de Trasancos
de toxos, e flores, e cantos
do século dás luces
dunhas rías con encanto.
Mais é unha mágoa o rexeitamento
que sofren as xentes galegas
ás letras da nosa cultura
á fala e á literatura
Son as letras da nosa cultura,
destas terras de gozos e sombras
onde recende a literatura
e a literatos coas súas historias
Son as letras da nosa unidade
Desta terra que baila a súa danza
Coas notas que soan a ultranza
e cunhas letras de lonxevidade
chuzame -