Arquivos de novembro, 2007

A MÚSICA

Son rondallas luceros do alma

de bohemios paseos nás rúas

de Pepitas que escoitan en calma

os poemas e as músicas súas.

Imos todos a cantaruxar

as melodías dunha cantarela

mentras facemos a pasarela

e sen parar de aturuxar.

E ós sones dos repiniqueiros

que ben saben as gaitas soar

e os ritmos dos tamborileiros

e pandereteiras repinicar.

Son os ritmos da miña terra

a pandeirada emaila muñeira

nosas almas de paixón se aledan

e  as romarías asolan a leiras.

Son os coros de canto e de baile

as melodías da nosa linaxe

os antergos falaban na corte

creaban poemas coa nosa linguaxe.

 

Son as letras da nosa unidade

desta terra que baila a súa danza

 notas que soan a ultranza

 letras con lonxevidade.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

SAMHAIN

O ciclo do ano celta comenza có Samhain, O final do Vrán. Os celtas contaron os seu días e anos do inicio da oscuridade no crepúsculo e no outono. Nás visperas de Samhain, o veo dos mundo permite unha comunión cos antepasados e o mundo dós espíritos. As familias deixarán as portas abertas e pondrán nas mesas as comidas para os mortos que volverán a visitá-los.

En Galicia temos recuperada a tradición que provén dás terras escocesas. Os celtas do pasado, e eiquí os castrexos, xa usaban as calabazas para facer rostros de pantasmas que colgaban nas ramas dós carballos nos nemats sagrados, para asutar as almas perdidas e guialas polo seu camiño á plenitude.

Moitos nenos celebran hoxe en día o Samhain nás súas escolas, cando fai anos que a festa que estábamos a celebrar era a de Halloween. Unha mágoa alqueles anos perdidos por non profundizar na nosa cultura e ás nosas tradicións.

Chuzame! chuzame -

Comentarios