A MÚSICA

Son rondallas luceros do alma

de bohemios paseos nás rúas

de Pepitas que escoitan en calma

os poemas e as músicas súas.

Imos todos a cantaruxar

as melodías dunha cantarela

mentras facemos a pasarela

e sen parar de aturuxar.

E ós sones dos repiniqueiros

que ben saben as gaitas soar

e os ritmos dos tamborileiros

e pandereteiras repinicar.

Son os ritmos da miña terra

a pandeirada emaila muñeira

nosas almas de paixón se aledan

e  as romarías asolan a leiras.

Son os coros de canto e de baile

as melodías da nosa linaxe

os antergos falaban na corte

creaban poemas coa nosa linguaxe.

 

Son as letras da nosa unidade

desta terra que baila a súa danza

 notas que soan a ultranza

 letras con lonxevidade.

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario