Arquivos de decembro, 2007

A PAISAXE

Cando paseo pola fraga

observo as distintas especies

unha paixón me asolaga

e revivo moitas veces.

 

Dende o alto da montaña

que é o monte Marraxón

vexo Ancos e A mourela,

tamén O Cordal de Neda,

e se miro ben Ferrol.

 

Escoitando no Belelle

os sonidos da fervenza,

respirando o seu orballo

apoiado nuha pedra,

a carón dun gran carballo

e unha paisaxe que aleda.

 

E dende o alto da montaña

na hermita de Chamorro,

prenderéi a miña vea

para que se cumpra un soño.

Deixarei ca virxe me vexa,

 rogaréille sen agobio.

Pois ela non está cega,

ela esta a carón de todos.

Chuzame! chuzame -

Comentarios