Arquivos de POESÍA

A TERRA

Hoxe as nubes danzan sumisas

o són que marcan os ventos

nás zonas precisas dás costas galegas.

 
Hoxe os paxaros non vóan,

síntente preguiceiros,

agochados nas ramas dos castiñeiros.

 
Hoxe as árbores non bailan có vento

Non hai cánticos dos paxaros nos seus niños

Só as follas espidas teñen algo de movemento.

 
Hoxe a mar non mergulla ás rochas

coa súa espuma esbrancuxada

Ós percebilleiros se calzan as botas,

 na casa esperan súas namoradas.

 

Voa, memoria , voa

Remexe no máis profundo,

as vivenzas que  me aledan

Os recordos que eu choro

cando non estou na miña terra.

 

 Sinte, corazón sinte

Como recende a brisa galega

máis instensa cún piñeiro

no é unha troula,

 mais eu, no son un trouleiro.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

A PAISAXE

Cando paseo pola fraga

observo as distintas especies

unha paixón me asolaga

e revivo moitas veces.

 

Dende o alto da montaña

que é o monte Marraxón

vexo Ancos e A mourela,

tamén O Cordal de Neda,

e se miro ben Ferrol.

 

Escoitando no Belelle

os sonidos da fervenza,

respirando o seu orballo

apoiado nuha pedra,

a carón dun gran carballo

e unha paisaxe que aleda.

 

E dende o alto da montaña

na hermita de Chamorro,

prenderéi a miña vea

para que se cumpra un soño.

Deixarei ca virxe me vexa,

 rogaréille sen agobio.

Pois ela non está cega,

ela esta a carón de todos.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

A MÚSICA

Son rondallas luceros do alma

de bohemios paseos nás rúas

de Pepitas que escoitan en calma

os poemas e as músicas súas.

Imos todos a cantaruxar

as melodías dunha cantarela

mentras facemos a pasarela

e sen parar de aturuxar.

E ós sones dos repiniqueiros

que ben saben as gaitas soar

e os ritmos dos tamborileiros

e pandereteiras repinicar.

Son os ritmos da miña terra

a pandeirada emaila muñeira

nosas almas de paixón se aledan

e  as romarías asolan a leiras.

Son os coros de canto e de baile

as melodías da nosa linaxe

os antergos falaban na corte

creaban poemas coa nosa linguaxe.

 

Son as letras da nosa unidade

desta terra que baila a súa danza

 notas que soan a ultranza

 letras con lonxevidade.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

HISTORIA DA MIÑA TERRA

Esas lendas feiticeiras
das noites de escuro luar
das meigas retranqueiras
e fadas que poden voar.

Sobre Celtas e deidades
Druidas e vaguedades
Guerreiros que loitan
Polo reino de Breogán

Son terras de Castrexos
de castros, dolmens e petroglifos
de ameixas, zamburiñas e cangrexos
e variedade de peixes de moitos tipos

Son as terras de Galiza,
moitos séculos de historia
dos celtas na memoria
e dun pasado que enfeitiza

Foron terras de feudais
no reino de Gallaecia
dende as épocas medivais
ata o rexurdimento das letras

Son terras de Trasancos
de toxos, e flores, e cantos
do século dás luces
dunhas rías con encanto.

Mais é unha mágoa o rexeitamento
que sofren as xentes galegas
ás letras da nosa cultura
á fala e á literatura

Son as letras da nosa cultura,
destas terras de gozos e sombras
onde recende a literatura
e a literatos coas súas historias

Son as letras da nosa unidade
Desta terra que baila a súa danza
Coas notas que soan a ultranza
e cunhas letras de lonxevidade

Chuzame! chuzame -

Comentarios